CURIOSIDADES SOBRE FRIEDRICH NIETZSCHE 

Sempre encantoume todo o relacionado coa filosofía, e en especial iste filósofo alemán chamoume a atención por ter unha forma de pensar moi diferente ao resto de pensadores ata a época, así que decidín facer unha recopilación de datos interesantes sobre el que seguramente descoñecíades.

1. No colexio sendo aínda un rapaz, Friedrich Nietzsche quemouse a man intencionadamente cando lle dixeron en clase que os héroes non existían.


2. Cando se trasladou a Basilea, renunciou a súa nacionalidade alemá, e permaneceu sen unha nacionalidade oficial ata o resto dos seus días.


3. Estudiou filoloxía e exerceu de profesor de filoloxía en Basilea, aínda que acabou renunciando a este traballo bastante pronto.


4. Cando era xove, coñeceu a Richard Wagner e a súa familia, entablando amistad con todos eles. Wagner foi fundamental para o desenvolvemento persoal e profesional de Nietzsche, pero pouco a pouco fóronse separando ao diferir as súas filosofías cada vez máis.


5. En 1882 propuxo matrimonio á escritora rusa Louise Salomé despois de tan só uns días despois de coñecerla en Italia, pero ista rechazouno e foise a Berlín con Paul Rée, amigo de Nietzsche.


6. Mantivo unha relación incentuosa coa súa irmá Elisabeth, que quedou plasmada na obra "A miña irmá e mais eu", lexos de ser negada ou evitada. Ademais, Nietzsche reafirmou no seu leito de morte, entre terribles dores causados polas súas enfermedades, no que se acusou a si mesmo a dito incesto.


7. As consecuencias das súas enfermidades (cegueira, migraña, dores estomacais...) foron as causantes de que abandonara o seu traballo como catedrático na universidade de Basilea.


8. Durante a guerra franco-prusiana, Nietzsche solicitou formar parte do exército e servir ao seu país (Prusia), e se lle concedeu un permiso como camillero, posto que desempeñou durante só un mes, tempo que foi suficiente para que contraxera diferia e disentería.


9. Era defensor dos animais. Tanto que, nunha ocasión, e vendo como un cocheiro azotaba a latigazos ao seu caballo, abalanzouse sobre o animal, abrazándoo, e pediulle ao cocheiro con lágrimas nos ollos que deixara de azotar ao caballo.


10. Aos 44 anos, tivo un colapso mental, cousa que resultou ser parte da raíz da súa demencia, que avanzou ata o fin dos seus días.


Isto foi todo, espero que vos haxa gustado :)


Comentarios