MÚSICA E FILOSOFÍA

Algo que de verdade me gusta é a música, realmente é o meu pasatempo favorito escoitala e sentir que estás noutro mundo cando te deixas levar por ela. Entón pensei, terá algún significado máis aló dos sonidos que simplemente "escoitamos" ? A resposta é claramente si, cada letra é única, pero eu, decidín darlle un enfoque bastante diferente a todo isto, un enfoque filosófico.
Sabíades que moitas letras de cancións encerran as preocupacións e teorías filosóficas de todos os tempos?

-¿Quiénes somos? ¿De donde venimos? ¿A dónde vamos? Siniestro Total non soamente fai as tres preguntas fundamentais da filosofía, senón que o resto da letra da canción está cheo de interrogantes que alimentaron os distintos camiños que ista seguiu.

-Man in the mirror. Michael Jackson.
De entrada arranca cun plantexamento moi filosófico, di que está falando co home do espello, e que é non é pensar, senón dialogar cun mesmo. Logo plantexa un vello dilema filosófico: o de cambiar un mesmo ou cambiar a sociedade.




-El muro de Berlín. Joaquín Sabina o expresa perfectamente: non haberá revolución , é o fin da utopía.

You can´t always get what you want. The Rolling Stones.
Jagger di que non sempre podes ter o que queres, falaba do deseo, algo crucial na filosofía. Porque a filosofía enseguida deuse conta de que boa parte do sufrimento tiña a súa orixe nos deseos. 




Pride. U2
É unha homenaxe a Martin Luther King. Parece unha canción de amor, pero é unha canción moi política e moi ética. Fala dos actos de xenerosidade en nome do amor e do sacrificio básico, que é dar a vida polas túas ideas.



E por último...

It´s my life. Bon Jovi
É a miña vida, a idea de Bon Jovi é que vivamos a nosa propia vida. Na súa canción di algo moi certo: o precio de algo é a parte da túa vida que tes que entregar para conseguilo.






Comentarios