CRISIPO DE SOLOS, O FILÓSOFO QUE MORREU DUN ATAQUE DE RISA

Crisipo de Solos, foi un filósofo grego coñecido polos seus grandes aportes ao estoicismo, unha doctrina filosófica que busca alcanzar a felicidade e a sabiduría prescindindo dos bens materiais.
Deixando aparte o seu aporte na filosofía, o máis chamativo da súa traxectoria foi a forma na que morreu: de risa.

QUE O FIXO MORRER DA RISA?

En medio dunha noite de copas, o filósofo decidiu emborrachar a un burro. Fixo que o animal tomara grandes cantidades de viño ata que quedou desorientado, en búsqueda de alimento, o burro decidiu intentar comerse uns figos chumbos. A extraña situación causoulle tanta gracia, que acabou morrendo en medio dunha carcaxada.

Grazas a este pensador, temos a famosa expresión de "morrer da risa", e coma el, moitas outras persoas viviron esta mesma situación.
Un dos casos máis famosos é o do asistente de Cleopatra, que morreu ao presenciar a morte do seu esposo.
Zeuxis, un famoso pintor grego, morreu da risa cando unha señora maior pediulle un retrato de afrodita utilizándoa como modelo.
En 1410, o rei Matín de Aragón morreu dunha combinación de indixetión con risa excesiva, ao igual que Pietro Arentino e Thomas Uruguhart.




Comentarios