O LADO OSCURO DA OXITOCINA, A HORMONA DO AMOR:

O amor analizado profundamente non é tan bonito como o pintan, principalmente porque a encargada de que esas "sensacións" que temos cando nos gusta ou nos namoramos de alguén, son producidas por unha hormona chamada oxitocina, producida no hipotálamo e secretada pola glándula pituitaria posterior. Recentemente, uns científicos dunha universidade inglesa, descubriron que esa hormona, ten un efecto similar ao que nos produce beber alcohol. 


Ambas parecen apuntar a diferentes receptores no cerebro, pero causar accións comúns sobre a transmisión GABA na corteza prefrontal e as estruturas límbicas. Estos circuitos neuronais controlan a forma na que percibimos o estrés ou a ansiedade, especialmente en situacións sociais.

A oxitocina e o alcohol poden facer que estas situacións parezan menos desalentadoras.


Así os investigadores descubriron que o consumo frecuente tanto de alcohol( algunhas copas de máis) como de oxitocina (inhalándoa a través dun spray nasal) provoca máis agresividade, máis envidia e pode limitar a nosa sensación de medo que normalmente nos alenta sobre os riesgos, polo que a nosa confianza aumenta pese a que en circunstancias normales o veríamos como introducir un riesgo innecesario na nosa vida.
Así que, lexos dos asuntos do corazón, é un neuroquímico fascinante que ten un posible uso no tratamento da psicoloxía e as condicións psiquiátricas.

 








Comentarios